YA TE DIGO.. ENLAZA..

lunes, 30 de junio de 2014

DE CADA CASA O MELLOR..


Estimadas/os artesá/s, Un ano máis dende a Consellería de Economía e Industria estamos a traballar con esforzo e ilusión no Corazón de Artesanía. III Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebrará do 4 ao 6 de xullo, un evento único, fiel ás súas orixes e capaz de atraer o interese de milleiros de visitantes na procura da súa orixinalidade. Un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos nosos oficios artesáns pero tamén da nosa paisaxe, gastronomía e da cultura tradicional e popular de Galicia. A súa orixinalidade e atractivo permitiralle ao III Encontro ampliar os obxectivos acadados na segunda edición na procura da dinamización socioeconómica, a difusión da cultura e da tradición e a promoción turística. Para isto, este ano contaremos con artesanía en vivo, venda de produtos artesanais, obradoiros de artesanía e música para nenas e nenos, actuacións de baile e música tradicional, conferencias, exposicións e obradoiros, showcooking, degustacións e venda de produtos gastronómicos de calidade. Achegámoslles a invitación e programa de actividades e agradeceríamos a vosa colaboración para a difusión. Respecto da montaxe, estaremos o xoves de 09:30 a 22:00 horas e o venres dende as 08:00 horas. A inauguración é o venres ás 11:00 horas polo que ás 10:30 deberán de estar todos os pendellos montados. O enderezo dos pendellos é o seguinte: Rúa da Parranda s/n 36520 Agolada (Pontevedra). O teléfono de contacto da organización é o 664 665 332. Reciban un cordial saúdo, Edgar Alonso Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño Área Central L25MN 15707 Santiago de Compostela Tf. 881 999 174 www.artesaniadegalicia.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario