YA TE DIGO.. ENLAZA..

jueves, 16 de octubre de 2014

YA LLEGAN LOS SEPTIMOS..


O Xornal de Pesca Deportiva Trueiro entregará os seus premios anuais na Pontenova (Lugo), o sábado 15 de novembro ás 20:30 h, no Salón de Actos do Centro Social. Estas distincións recoñecen o traballo desenvolvido por persoas, sociedades, pescadores, etc, a prol da conservación das augas continentais e da significación socio-cultural da pesca. O Xurado formado pola Dirección, o Consello de Dirección, o Consello Asesor e o Consello de Redacción do Xornal Trueiro, decidiu por unanimidade outorgar os seguintes premios: Premio "Línea Tensa" á Web As Orillas do Ulla Polo seguimento das capturas de salmón en Galicia e polo compromiso adquirido cos pescadores a fin de telos permanentemente informados dos números da campaña salmoneira. Premio "Donde Hay Que Estar" a Xosé Luís Brandón Por saber estar donde hai que estar, polo seu exquisito comportamento deportivo, pola organización do Open do Mandeo e por significarse como un dos pescadores mais queridos no mundo da pesca a mosca en Galicia. Premio "Qué Pasa" á Plataforma Sarriana polo Río Pola defensa a ultranza do Río Sarria e pola mobilización que liderou a nivel veciñal a prol deste curso. Premio "A Nosa" a Argimiro Conde Argimiro Conde Diaz, de 81 anos, empezou de gardarríos en 1964 e tomou posesión un ano despois nos Peares. En marzo de 1965 incorporouse á praza da Pontenova desde Salmeán a Fonteo con tódolos afluentes. Posteriormente foi o xefe de zona que abarcaba o río Masma, o Eo e tódolos tributarios. Premio "Trueiro-Doctor Moralejo" á Real Asociación Asturiana de Pesca Polo seu compromiso co mundo da pesca e por acoller a varios centos de pescadores galegos como socios.

domingo, 5 de octubre de 2014

O PINO TRIUNFA..

EL GRUPO  DE  LA  TARDE..

AUTORIDADES  E  ARTESANS..

DAVID  ARCAY..

FOTOS  MIGUEL PESCA..

Durante toda a xornada, pasaron pola Lagoa da Magdalena (Santiso-O Pino) unhas cen persoas chegadas de diversos lugares de Galicia (Vigo, Ferrol, Valdoviño, A Coruña, Santiago, Narón, Paderne, Abegondo, Lugo......) A primeira ponencia do día foi a cargo do xornalista Alberto Torres quen reparou no papel da prensa na defensa do medio ambiente. O relator da Lei de Pesca de Galicia, Pepe Casal, foi moi ilustrativo na súa ponencia “Pesca e Deporte”, amosando as diferentes modalidades e técnicas de pesca. A continuación Fernando Cobo, biólogo e profesor da USC, ilustrou aos mais cativos na significación e na importancia da biodiversiodade. Acto seguido, os participantes se trasladaron ao Río Mera onde tres biólogos da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con impartiron unha clase práctica a pe de río.
Xa de volta, foi a quenda dos “Artesáns da Pesca” Paco Porto, Oscar Gayoso, Eloi Saavedra, Suso Vilar e Alberto Mera, quenes puxeron sobre o torno un Obradoiro de señuelos e complementos de pesca con moscas para troita, reo, salmón e reclamos para pesca no mar. Suso Vilar explicou os pasos para confeccionar unha cana de bambú. Logo do xantar na área recreativa, o Campión Mundial de Salmónidos-Mosca en Eslovenia 2012, o coruñés David Arcay impartíu un Clinic de lance.Como colofón á xornada, todos, especialmente os cativos, disfrutaron da pesca na lagoa. Os axentes do Servizo de Caza e Pesca Julio Gigirey e Jesús Blanco velaron pola utilización dos anzóis sen arponciño e pola correcta manipulación e devolución das troitas á auga. Durante toda a xornada, as evolucións dos participantes foron seguidas moi de preto polo Alcalde de O Pino Manuel Taboada Vigo, e polo tenente Alcalde Manuel Canabal.

miércoles, 1 de octubre de 2014

ALA ALA AL CHOLLO..


I Xornada Técnica de Pesca Deportiva e Medio Ambiente Concello de O Pino Sábado 4 de outubro de 2014 Sinopse Esta primeira xornada de achegamento do medio natural e da pesca deportiva de O Pino ten a finalidade de dar a coñecer e divulgar os valores deportivos e sociais que ten a pesca deportiva, o potencial que atesouran os ríos e a nosa relación co medio ambiente. Nesta primeira experiencia, por falla de tempo e premura de calendario, tentaremos de debullar en liñas xerais a significación do medio natural, a senlleira importancia dos cursos fluviais e a interrelación entre o medio natural e os humanos. Non se pode, tendo en conta o programa e os horarios, afondar en materias sesudas ou de profundo predicamento científico, trátase de achegar e dar a coñecer a biodiversidade das augas continentais, de incidir nas vantaxes que nos reporta o medio natural e, como actividade inherente, tratar o mundo da pesca dende a perspectiva da súa modalidade máis conservacionista, responsable e sostible, como é a pesca sen morte. Programa 10:00 h.- Ponencia “Auga, contaminación e denuncias” Por Alberto Torres, Xornalista 10:15 h.- Ponencia “Pesca e Deporte” Por Pepe Casal, Relator da Lei de Pesca de Galicia 10:30 h.- Ponencia “Conservación dos ríos” Por Fernando Cobo, Biólogo e Profesor da USC 10:45 h.- Traslado ao río Mera 11:00 h.- “Ríos, biodiversidade e conservación” Clase práctica para os cativos a cargo dos biólogos da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con 11:00 h.- Obradoiro de Pesca, a cargo dos “Artesáns da Pesca” Paco Porto, Oscar Gayoso, Eloi Saavedra e Alberto Mera. (moscas para troita, reo, salmón e reclamos para pesca no mar) 13:00 h.- Confección dunha cana artesanal de bambú a cargo do Artesán Suso Vilar 14:00 h.- Xantar 16:00 h.- Clinic de lance a cargo de David Arcay Campión Mundial de Salmónidos-Mosca en Eslovenia 2012 17:00 h.- Pesca técnica na Lagoa da Magdalena Metodoloxía protocolaria da captura e solta dos peixes 20:00 h.- Clausura a Xornada Manuel Taboada Vigo, Alcalde de O Pino