YA TE DIGO.. ENLAZA..

martes, 1 de diciembre de 2015

DOS EN UNO..



I CONCURSO PARA INICIADOS NA MONTAXE DE MOSCAS Organiza: Sociedade de Caza e Pesca de Silleda Dirección Técnica: Artesáns da Pesca Colabora: Concello de Silleda Lugar: Hotel Casasnovas, Silleda Domingo 21 de febreiro de 2016 Hora: 10 da mañá Premios: 1º clasificado: 250 € 2º clasificado: 100 € 3º clasificado: 50 € A Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda organiza o “I Concurso para iniciados na montaxe de moscas para a pesca da troita” con arranxo ás seguintes bases: 1.- Poderá presentarse calquera persoa maior de 16 anos con residencia en Galicia. 2.- A inscripción deberá realizarse remitindo unha solicitude de inscripción (nome, fotocopia do DNI, telefono e correo electrónico) ao correo electrónico julioseijas@hotmail.es indicando uns breves datos biográficos de méritos ou experiencia na montaxe de moscas xunto con 5 fotos de montaxes propias (formato JPG en alta resolución). 3.- A organización dará a coñecer os nomes dos admitidos ao concurso e o comunicará personalmente por correo electrónico. 4.- Cada participante, nun tempo máximo de 30 minutos, deberá realizar a montaxe de dúas moscas artificiais secas: un tricóptero e outra imitación da familia de insecto que queira o participante. 5.- Cada concursante deberá utilizar os seus aparellos e materiais de montaxe (aconséllase levar lámpara propia) e na elaboración das moscas non poderán empregar elementos (alas, patas, corpos, antenas, etc) previamente dispostos ou preparados, é dicir, que deben efectuar ante a organización e o público asistente a totalidade das operacións necesarias para a montaxe total das dúas moscas. 6.- As montaxes que se realicen no concurso serán propiedade da organización. 7.- O Xurado estará composto por dous “Artesáns da Pesca” e un directivo da Sociedade de Silleda. 8.- O xurado valorará a estética, o realismo, as proporcións e a terminación das montaxes e levará a cabo as deliberacións e as votacións descoñecendo a identidade dos participantes. 9.- O fallo do xurado, que será inapelable, darase a coñecer o mesmo día na entrega de premios. 10.- O prazo de inscripción estará aberto dende o 1 de decembro de 2015 e pecharase o 31 de xaneiro de 2016.