YA TE DIGO.. ENLAZA..

martes, 27 de octubre de 2015

MOITAS E MELLORES SEGUIRAN A ESTA..



Agradecemento do Xornal Trueiro. Boas noites. Disculpen a ausencia do Director de Xornal Trueiro, Alberto Torres, quen por motivos laborais non pode acompañarnos neste entrañable momento. En nome de todos os que estamos embarcados nesta marabillosa experiencia de traballar defendendo o medio natural do noso País, moitas grazas por este agasallo anímico. Quedamos certamente agradecidos á Asociación Galega de Xestores Deportivos pero este recoñecemento, ademáis de senlleiro estímulo, non é máis que outro elo no noso camiñar na defensa a ultranza das arterias do noso País e na xestión sostible no deporte da cana. Traballamos pola pureza da auga, pola pesca sostible e para que o pescador sexa recoñecido como o verdadeiro catalizador dunha actividade certamente ancestral. Esa defensa, ademais do compromiso persoal e profesional, baseámola nos criterios científicos da USC e a Estacion de Hidrobioloxía Encoro do Con a quenes agradecemos o seu asesoramento. Non podemos esquecer aos nosos anunciantes e ás firmas e empresas que confían en nós. Xa de portas para dentro, noraboa a redactores, fotógrafos, columnistas, distribuidores, etc. A toda a famila trueira. Mais nada. Reiteramos o noso agradecemento e, por suposto, os nosos parabens mais sinceros aos restantes premiados deste ano. Graciñas e boas noites.

miércoles, 7 de octubre de 2015

TRUEIRO +AA PLUS..


O Consello de Administración, o Consello de Dirección, o Comité Asesor e a Dirección do Xornal, reunidos en Santiago de Compostela, acordaron por unanimidade fallar os Premios Trueiro de 2015: Premio Línea Tensa Juan Luís Barja Pérez Catedrático de Microbioloxía e Coordinador do Grupo de Investigación de Patoloxía na Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais dun intenso labor como investigador sobre o desenvolvemento de vacinas para peixes, ten unha destacada actividade no control e diagnóstico de patoloxías na acuicultura mariña e, especialmente, na acuicultura continental. As súas observacións sobre a prevalecía de enfermidades infecciosas en peixes de ríos galegos e o seu asesoramento en estratexias para a prevención e control de patoloxías deberían ser determinantes na ordenación e xestión da pesca deportiva. Premio Qué Pasa Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda Fundada en 1.980, na actualidade conta con 348 socios. Como entidade colaboradora da Xunta de Galicia, xestiona o coutos de pesca “Toxa” do río Toxa e “Taboada” do río Deza. Destacar que a Feira Fecap de Silleda naceu a resultas dos contactos da directiva coa Semana Verde. Coordinou a posta en marcha da Lagoa de Pesca do recinto feiral de Silleda. Actualmente están acondicionando unha lagoa artificial nos seus terreos do Campo de Tiro de Vilar, agardando a concesión das oportunas autorizacións administrativas para crear unha Escola de Pesca. Este ano organizaron un Taller de Montaxe cos “Artesáns da Pesca” e o 1º Curso de Iniciación á Pesca con Mosca impartido por Julio Seijas. Todos os anos levan a cabo unhas xornadas de limpeza dos ríos Toxa e Deza. Premio Donde hay que estar Guardería do Ulla O colectivo de pescadores e, en especial os ribereños do Ulla, son coñecedores da problemática que durante anos arrastrou a guardería do Ulla. Mesmo a sombra da sospeita caeu inmerecidamente sobre todos os eles cando un peón foi denunciado e expedientado polo trapicheo ilegal de dous salmóns. Durante anos, e en moitas ocasións, pagaron xustos por pecadores. Moitos membros desta gardería non teñen absolutamente nada que ver con estas e outras prácticas lamentables que se estilaban neste curso anos atrás. Por iso, é un acto de xustiza outorgar este premio á Guardería do Ulla e que o recollan os que se sintan merecedores desta distinción. Premio A Nosa Editorial La Capital-Deporte Campeón Polo seu compromiso medioambiental denunciando as agresións que sofren as augas continentais e as rías galegas e especialmente polo labor divulgativo da pesca deportiva levado a cabo polo DxT. Premio Trueiro Jesús Carbia, “Louzao” Nado en Santeles hai mais de 80 anos, a escasos metros do río Ulla e pertencendo a unha familia de pescadores, o Premio Trueiro deste ano comezou a pescar de pequeno, cando había peixe en abundancia. Leva gañadas catro edicións do Concurso Internacional do Salmón en Augas Galegas, a última vez o ano pasado. Ten un prado, a carón do couto de Ximonde, que todos os pescadores coñecen á perfección. Sen dúbida, é o gran señor do Ulla.

martes, 6 de octubre de 2015

POR UNA BUENA GESTIÓN " AGAXEDE"..


VI PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA ACTA DE CONSTITUCIÓN E RESOLUCIÓN DO XURADO Con data un de outubro de dous mil quince reúnese en Santa Cristina (Oleiros), o Xurado dos VI Premios Galicia a Xestión Deportiva promovidos pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), composto polos membros seguintes: Presidente: Eduardo Blanco Pereira (Presidente de AGAXEDE) Vogais: José Garrote Martín (Vicepresidente de AGAXEDE) Ramón Francisco Ramón Santiago (Vocal Comunicación de AGAXEDE) Roberto García Fernández (Representante da Secretaría Xeral para o Deporte) Xurxo Dopico Calvo (Decano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña) Vicente Romo Pérez (Decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo) Vicente Gambau i Pinasa (Presidente do Consello Xeral de COLEFs de España) Andrés Ríos Mejuto (Director do xornal Deporte Campeón, en representación da Federación Galega da Prensa Deportiva) Secretaria: Joana Crespí Vich (Coordinadora técnica de AGAXEDE) Co fin de valorar as candidaturas presentadas a convocatoria publicada o día 1 de maio de 2015, e dacordo cos criterios e categorias establecidas e unha vez estudiadas as mesmas, o Xurado resolve por unanimidade otourgar os seguintes Premios: PREMIO AO/Á MELLOR XESTOR/A DEPORTIVO/A ÁNGEL CID MANZANO PREMIO O MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.000 HABITANTES CONCELLO DE VIMIANZO PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PÚBLICA CONCELLO DE OLEIROS PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PRIVADA FEDERACIÓN GALLEGA DE BOXEO PREMIO AO MELLOR ESTUDIO OU INNOVACIÓN INSTITUTO INTERNACIONAL DE TERAPIA FÍSICA E HIPOPRESIVOS PREMIO AO MELLOR PATROCINIO DEPORTIVO ABANCA PREMIO A XESTIÓN SOSTIBLE NO DEPORTE XORNAL DE PESCA DEPORTIVA TRUEIRO PREMIO A XESTIÓN DEPORTIVA DE INTEGRACION SOCIAL ONCE PREMIO A MELLOR ACTIVIDADE OU PROGRAMA DEPORTIVO CLUB AMC PREMIO DE RECOÑECEMENTO ESPECIAL DxT Campeón En Oleiros (A Coruña), a dous de outubro de dous mil quince. Ado: Eduardo Blanco Pereira, Presidente, e Joana Crespí Vich, Secretaria. volver a índice de especiales