YA TE DIGO.. ENLAZA..

martes, 23 de septiembre de 2014

NO FALTES..


2ª Xornada Técnica de Pesca Deportiva e Medio Ambiente Lagoa Mina Mercedes – Concello de Valga Sábado, 27 de setembro de 2014 Esta xornada de achegamento do medio natural e da pesca deportiva a un grupo de rapaces e rapazas e Valga ten a finalidade de dar a coñecer e divulgar os valores deportivos e sociais que ten a pesca continental, o mundo da montaxe de moscas e señuelos para a pesca, o potencial que atesouran as augas continentais e a nosa relación co medio natural. Nesta experiencia, a actividade principal, xirará arredor da iniciación no mundo do torno e da creación de moscas e complementos para a pesca da troita, reo e salmón. A tal efecto, programáronse tres actividades: o Obradoiro de Artesanía de Pesca, un Clinic de Lance e a Pesca Técnica na lagoa. Estes talleres terán como monitores aos Artesáns Julio Seijas, Oscar Gayoso, Fernando Comba, Luis Piñeiro e Paco Porto (“Artesáns” pola Comisión Galega de Artesanía 2010- Xunta de Galicia). Trataremos de achegar, en liñas xerais, a significación da auga, a senlleira importancia dos cursos fluviais e a interrelación entre o medio natural e a pesca dende a perspectiva da súa modalidade máis conservacionista, responsable e sostible, como é a pesca sen morte. Programa e horarios Sábado 27 de outubro: 10:00 h.- “Pesca e Ocio”. Introducción de Miguel Piñeiro. 10:15 h.- Obradoiro de Artesanía de Pesca (Taller de Montaxe interactivo) a cargo dos “Artesáns” Julio Seijas, Oscar, Gayoso, Fernando Comba, Luis Piñeiro e Paco Porto (moscas para troita, reo, salmón e reclamos para pesca no mar). 12:30 h.- Clinic de Lance e Pesca Técnica na Lagoa Mina Mercedes. Metodoloxía protocolaria da captura e solta dos peixes. 14:00 h.- Clausura a cargo do Alcalde de Valga. Organización: Concello de Valga. Colaboran as asociaciones xuvenís Valga Bule, A Eira e Mocivalga. Secretaría executiva: María Xosé Devesa. Dirección Técnica: Miguel Piñeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario