COMUNICADO da SOCIEDADE de CAZA e PESCA XUVIA
Presentada denuncia contra un grupo de kayaks que interferían coa práctica da pesca no couto troiteiro Xuvia.
Na xornada do día 27 de de xullo do presente, recibeuse o aviso de que un grupo de kayaks (dous, con tres ocupantes) estaban a interferir na xornada de pesca que un grupo de 6 pescadores desenvolvían entre a presa de Gradaille-Retorta e a Piscifactoría de Xuvia.
Concretamente dous socios deste sociedade e catro amigos chegados de Vilarmaior e Monfero, resultaron menoscabados os seus dereitos de pesca pola presenza destes aparellos no entorno do couto de pesca.
Enterados deste feito logo do aviso de varios destes pescadores, procedeuse a dar aviso ós vixiantes de Medio Ambiente e ó SEPRONA da Garda Civil, para que se fora o caso denunciaran estes feitos que como veremos de seguir, son sancionables conforme á Lei 7/1992, do 24 de Xullo, de Pesca Fluvial de Galicia.
Esta Lei no seu Capitulo II de Infraccións e sancións, no seu artigo 33, apartado 8, di textualmente: Bañarse, navegar con lanchas ou embarcacións de recreo ou realizar actividades expresamente prohibidas entorpecendo a práctica das actividades regladas por esta Lei nos lugares onde o desenvolvemento de tales actividades tivera sido declarado e sinalado como preferente.
Polo tanto na lexislación vixente queda perfectamente claro que o uso de embarcacións nos tramos que foran declarados coutos de pesca (e polo tanto o seu uso piscícola declarado como preferente) queda prohibido cando menos na tempada de pesca sinalada na orde de vedas anual.
E como maior xustificación está o pago da taxa administrativa en forma de permiso de pesca que hai que obter para poder practicar a pesca nestas augas, que ten un importe de 8 euros diarios.
Os denunciados, que parece ser que non eran afeccioados, senon que estaban guiados por unha empresa de multiaventura, parece ser que exhibiron unha autorización administrativa de navegación expedida polo organismo Augas de Galicia para a bacía do Xuvia, autorización que como acabamos de ver é nula de pleno dereito nos entornos dos coutos de pesca segundo a lexislación en vigor. Polas noticias que temos foron denunciados polo SEPRONA de Pontedeume.
Xa previo ó inicio da tempada actual (mes de abril), falamos con outro grupo de kaiakistas, comentándolles, que unha vez iniciada a tempada, non era legar navegar no couto de pesca, e si eran interceptados, serían denunciados. Parece ser que os avisos amistosos non xurden efecto e polo tanto optamos polo camiño da denuncia.
En evitación de futuros conflictos que a nada conducen, queremos facer pública toda esta fundamentación legal, para evitar desagradables denuncias logo de interferencias coas xornadas de pesca, legalmente autorizadas no couto de Xuvia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario