YA TE DIGO.. ENLAZA..

sábado, 12 de octubre de 2013

MI APOYO AL CABREO DE ELOI..


A Confederación Hidrográfica atacando de novo. Son uns putos cracks ¡¡¡ Non se me pode negar a reflexión. Estes artistas (chamarlles técnicos sería un despropósito) que se adican a escarallar ríos dende os despachos son uns creativos non recoñecidos. Xa teñen unha nova víctima, o río Eo. Na súa teima de considerar o río coma unha canle que ten que desaugar con eficacia e eficiencia, e na súa teima tamén de facer as cousas sen preguntar, están a perpetrar unha nova machada. Parece ser que necesitan recheo para remediar os danos que as últimas riadas fixeron na marxe esquerda da Ponte de San Tirso. Pois ben, no canto de coller do depósito que hai 50 m augas abaixo, pois van 500 m augas arriba, desbaratan unha illa colonizada por vexetación de ribeira, có talado previo da mesma, e seguramente desbaratando a tabla de salmón mais bonita do Eo: Fonte dos Pollos Son uns fanómenos ¡¡¡ Apropiome da foto do compañeiro Jose María Maca, que é ribeireño e sufridor coma min das putadas que perpetran estes creativos ... Como podedes ver a tala está feita. Só lles queda facer desaparecer a insua ...
Despois disto unha reflexión desde o cabreo que me invade. Como me fodan a tabla da Fonte dos Pollos (do que case non teño dúbidas) heime cagar na puta nai que pareu a algún. E xa que non arranque para Oviedo a repartir unhas patadas nos collós ... Manda truco ¡¡¡ E despois piden que teñamos confianza nos técnicos? Sei que quizais non son formas para compartir en público, pero creedeme, estou cabreado e indignado con este tema

No hay comentarios:

Publicar un comentario