Estimadas/os artesá/s, Un ano máis dende a Consellería de Economía e Industria estamos a traballar con esforzo e ilusión no Corazón de Artesanía. III Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebrará do 4 ao 6 de xullo, un evento único, fiel ás súas orixes e capaz de atraer o interese de milleiros de visitantes na procura da súa orixinalidade. Un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos nosos oficios artesáns pero tamén da nosa paisaxe, gastronomía e da cultura tradicional e popular de Galicia. A súa orixinalidade e atractivo permitiralle ao III Encontro ampliar os obxectivos acadados na segunda edición na procura da dinamización socioeconómica, a difusión da cultura e da tradición e a promoción turística. Para isto, este ano contaremos con artesanía en vivo, venda de produtos artesanais, obradoiros de artesanía e música para nenas e nenos, actuacións de baile e música tradicional, conferencias, exposicións e obradoiros, showcooking, degustacións e venda de produtos gastronómicos de calidade. Achegámoslles a invitación e programa de actividades e agradeceríamos a vosa colaboración para a difusión. Respecto da montaxe, estaremos o xoves de 09:30 a 22:00 horas e o venres dende as 08:00 horas. A inauguración é o venres ás 11:00 horas polo que ás 10:30 deberán de estar todos os pendellos montados. O enderezo dos pendellos é o seguinte: Rúa da Parranda s/n 36520 Agolada (Pontevedra). O teléfono de contacto da organización é o 664 665 332. Reciban un cordial saúdo, Edgar Alonso Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño Área Central L25MN 15707 Santiago de Compostela Tf. 881 999 174 www.artesaniadegalicia.xunta.es
YA TE DIGO.. ENLAZA..
lunes, 30 de junio de 2014
DE CADA CASA O MELLOR..

lunes, 23 de junio de 2014
miércoles, 18 de junio de 2014
miércoles, 11 de junio de 2014
miércoles, 28 de mayo de 2014
UN GRAN DÍA " SEGURO "..
Esta primeira xornada de achegamento do medio natural e da pesca deportiva aos nenos e mozos de O Pino ten a finalidade de dar a coñecer e divulgar os valores deportivos e sociais que ten a pesca deportiva, o potencial que atesouran os ríos e a nosa relación co medio ambiente. Nesta primeira experiencia, por falla de tempo e premura de calendario, tentaremos de debullar en liñas xerais a significación do medio natural, a senlleira importancia dos cursos fluviais e a interrelación entre o medio natural e os humanos. Non se pode, tendo en conta a idade dos participantes, afondar en materias sesudas ou de profundo predicamento científico, trátase de achegar e dar a coñecer a biodiversidade das augas continentais, de incidir nas vantaxes que nos reporta o medio natural e, como actividade inherente, tratar o mundo da pesca dende a perspectiva da súa modalidade máis conservacionista, responsable e sostible, como é a pesca sen morte. Programa. Ambos días para un máximo de 50 nenos de 8 a 15 anos Sábado 5 de xullo: 10:00 h.- Ponencia “Auga, contaminación e denuncias” Por Alberto Torres Na Casa da Cultura de Arca 10:15 h.- Ponencia “Pesca e Deporte” Por Pepe Casal Na Casa da Cultura de Arca 10:30 h.- Ponencia “Conservación dos ríos” Por Fernando Cobo Na Casa da Cultura de Arca 10,45 h.- Traslado ao río Mera 11:00 h.- Clase práctica. “Ríos, biodiversidade e conservación” Polos biólogos da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con No tramo da ruta de sendeirismo do río Mera 13:00 h.- Traslado á Lagoa da Magdalena 13:30 h.- Pesca técnica na Lagoa da Magdalena Metodoloxía protocolaria da captura e solta dos peixes 14:30 h.- Xantar 16:00 h.- Obradoiro de Pesca. Confección dun peixe artificial Manolo García (Artesán) 17:00 h.- Pesca técnica na Lagoa da Magdalena 20:00 h.- Peche do primeiro día Domingo 6 de xullo 09:00 h.- Obradoiro de Artesanía de Pesca (Moscas para troita, reo, salmón e moscas para pesca no mar) Julio Seijas, Oscar Gayoso, Eloi Saavedra e Paco Porto (Artesáns da Pesca) Na Carpa da Lagoa da Magdalena 12:00 h.- Clínic de lance a cargo de David Arcay Campión Mundial de Salmónidos Mosca en Eslovenia 2012 Na lagoa ou no río 12:30 h.- Pesca técnica na Lagoa da Magdalena 15:00 h.- Xantar no restaurante A Magdalena 16:30 h.- Peche da Xornada Técnica por Miguel Piñeiro Clausura da Xornada Manuel Taboada Vigo, Alcalde de O Pino
lunes, 26 de mayo de 2014
domingo, 18 de mayo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)